Aviso Legal

Titularidade e identificación do responsable

A Brea 36 S.L., responsable do sitio web (RESPONSABLE), pon a disposición dos usuarios o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigacións dispostas na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, así como informar a todos os usuarios do sitio web respecto a cales son as condicións de uso.

Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fora de aplicación.

A Brea 36 S.L. resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidera aparecer no sitio web, sen que exista obrigación de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas obrigas, entendéndose como suficiente a publicación no sitio web de referencia.

  • Nome de dominio: labregando.gal
  • Nome comercial: “Labregando.gal”
  • Razón social: A Brea 36 S.L.
  • CIF: B-70611553
  • Domicilio social: Rúa das Hedras, n.º 4, 2º B, 15895, Ames (A Coruña)
  • e-mail: contacto@labregando.gal
  • Actividade regrada: Medio de información dixital de todos os sectores galegos agrogandeiros.

Propiedade intelectual e industrial

En atención ao disposto no Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e armonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia, e do Real Decreto 1937/2004, de 27 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de execución da Lei 20/2003, de 7 de xullo, de protección xurídica do deseño industrial, A Brea 36 S.L. é titular ou, no seu caso, conta coas licencias correspondentes sobre os dereitos de explotación de propiedade intelectual e industrial do Sitio Web, así como de todos os contidos ofrecidos no mesmo, incluíndo, a título enunciativo e non limitativo, a propia plataforma, textos, fotografías ou ilustracións, logos, marcas, grafismos, deseños, interfaces, ou calquera outra información ou contido e os servicios dispoñibles a través de este.

En ningún caso se entenderá que o acceso, navegación e utilización do Sitio web por parte do Usuario implica unha renuncia, transmisión, licencia ou cesión total ou parcial de ditos dereitos por parte de a Brea 36 S.L. Ao acceder ao Sitio Web, o Usuario adquire un dereito de uso dos contidos e/ou os servicios do Sitio Web, durante o uso do Sitio Web, e unicamente coa finalidade de desfrutar das pretensións do servizo de acordo co presente Aviso Legal.

As referencias a marcas ou nomes comerciais rexistrados, ou outros signos distintivos, xa sexan de titularidade de A Brea 36 S.L. ou de terceiras empresas, levan implícita a prohibición sobre o seu uso sen o consentimento de A Brea 36 S.L. ou dos seus lexítimos titulares. En ningún momento, salvo manifestación expresa en contrario, o acceso, navegación ou utilización do Sitio Web ou dos seus contidos confire ao Usuario dereito algún sobre signos distintivos incluídos nel.

Quedan reservados todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os contidos do Sitio Web e, en particular, queda prohibido modificar, copiar, reproducir, comunicar publicamente, transformar ou distribuír, por calquera medio e baixo calquera forma, a totalidade ou parte dos contidos incluídos no mesmo, para propósitos públicos ou comerciais, se non se conta coa autorización previa, expresa e por escrito de A Brea 36 S.L. ou, no seu caso, do titular dos dereitos correspondentes.

Os servizos ofrecidos, ou calquera información disposta a través do sitio web non poderán ser utilizados para fines comerciais ou publicitarios sen autorización previa de A Brea S.L.

En todo caso, o Usuario comprométese a non usar o sitio web para fines ilegais ou prohibidos.

O Usuario recoñece asumir a responsabilidade, mantendo indemne a A Brea 36 S.L., por calquera comunicación que subministre persoalmente, en ou ao seu nome. Esta responsabilidade, abarca, sen restrición algunha, a exactitude, legalidade, orixinalidade e titularidade de tal comunicación.

Se o Usuario tivera coñecemento da existencia de algún contido ilícito, ilegal, contrario as leis ou que puideran supoñer unha infracción de dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial, deberá notificalo inmediatamente a A Brea 36 S.L. para que este poida proceder á adopción das medidas oportunas.

Ligazóns ou enlaces

No caso de que no Sitio Web se mostrasen ligazóns a outras páxinas web mediante diferentes botóns, links, banners, contidos embedidos, entre outros, A Brea 36 S.L. informa que estes encontraríanse directamente xestionados por terceiros. A Brea 36 S.L. non ten facultade nin medios humanos nin técnicos para coñecer de forma previa, controlar ou aprobar toda a información, contidos, produtos ou servizos facilitados por outras plataformas ás que se poidan establecer ligazóns dende o sitio web.

En consecuencia, A Brea 36 S.L. non poderá asumir ningún tipo de responsabilidade por calquera aspecto relativo a calquera plataforma ou páxina web á que se puidera establecer unha ligazón dende o Sitio Web, en concreto, a título enunciativo e non limitativo, sobre o seu funcionamento, acceso, datos, información, arquivos, calidade e fiabilidade dos seus produtos e servizos, as súas propias ligazóns e/ou calquera dos seus contidos, en xeral.

En calquera caso, o establecemento de calquera tipo de ligazón dende o Sitio Web a outra páxina web allea non implicará que exista algún tipo de relación, colaboración ou dependencia entre A Brea 36 S.L. e o responsable da páxina web allea.

Regras de uso

Non está permitido, e por tanto, as consecuencias serán de exclusiva responsabilidade do Usuario, o acceso ou a utilización do Sitio web con fines ilegais ou non autorizados, con ou sen finalidade económica. En particular, e sen que o seguinte listado teña carácter absoluto, nin limitativo, queda prohibido:

1)    Usar o Sitio Web en forma algunha que poida provocar danos, interrupcións, ineficiencias ou defectos no seu funcionamento ou no ordenador dun terceiro;

2)    Usar o Sitio Web para a transmisión, instalación ou publicación de calquera virus, código malicioso ou outros programas ou arquivos prexudiciais;

3)    Usar o Sitio Web de maneira que constitúa unha vulneración dos dereitos de A Brea 36 S.L. ou dun terceiro;

4)    Usar o Sitio Web para transmitir ou publicar material de carácter difamatorio, ofensivo, racista, vulgar, denigrante, pornográfico, ou de natureza obscena ou ameazadora ou que poida causar molestia a calquera persoa;

5)    Usar o Sitio Web de forma ilegal, en contra da boa fe, a moral e o orde público;

6)    Acceder sen autorización a calquera sección do Sitio Web, a outros sistemas ou redes conectadas a ela, a calquera servidor de A Brea 36 S.L., mediante piratería ou falsificación, extracción de contrasinais ou calquera outro medio ilexítimo;

8)    Romper, ou tentar romper, as medidas de seguridade ou de autenticación do sitio web ou calquera rede conectada a el, ou as medidas de seguridade ou protección inherentes ao contido aloxado no sitio web;

9)    Realizar calquera actuación que provoque unha saturación desproporcionada ou innecesaria na infraestrutura do Sitio Web ou nos sistemas ou redes de A Brea 36 S.L., así como nos sistemas e redes conectados ao Sitio Web;

10) Introducir datos que sexan manifestamente falsos, teña coñecemento ou non da devandita circunstancia o Usuario.

O incumprimento dalgunha das anteriores obrigas por parte do Usuario poderá comportar a adopción por parte de A Brea 36 S.L. das medidas oportunas amparadas pola Lei e no exercicio dos seus dereitos ou obrigas, sen posibilidade de indemnización algunha polos danos causados.

Suspensión do sitio web

A Brea 36 S.L. resérvase o dereito a suspender, modificar, restrinxir ou interromper, de forma temporal ou permanente, o acceso, navegación, uso, hospedaxe ou descarga dos contidos ou uso dos servizos e/ou funcionalidades do Sitio Web, con ou sen previo aviso, aos Usuarios que incumprir calquera das disposicións detalladas neste Aviso Legal, sen que o Usuario poida esixir indemnización algunha por esta causa.

Así mesmo, A Brea 36 S.L. poderá rescindir, suspender ou interromper, en calquera momento e sen previo aviso, o acceso aos contidos do Sitio Web, sen que o Usuario poida esixir indemnización algunha. Tras a dita terminación, permanecerán vixentes as prohibicións de uso dos contidos anteriormente sinaladas neste Aviso Legal.

No caso de que calquera disposición deste Aviso Legal fose declarada nula ou inaplicable, total ou parcialmente, por algún Xulgado, Tribunal ou órgano administrativo competente, a dita nulidade ou inaplicabilidade non afectará ás restantes disposicións do mesmo.

O non exercicio ou execución por parte de A Brea 36 S.L. de calquera dereito ou disposición contida neste Aviso Legal non constituirá unha renuncia a este.

Lexislación aplicable e xurisdición competente

A normativa vixente determinará as leis que deben rexer e a xurisdición que debe coñecer as relacións entre A Brea 36 S.L. e os Usuarios do Sitio Web. Non obstante, sempre que a devandita normativa prevexa a posibilidade de someterse ás partes a unha xurisdición determinada, para calquera asunto litixioso derivado ou relacionado co Sitio Web, aplicarase a lexislación española vixente no momento dos feitos. Así mesmo, A Brea 36 S.L. e os Usuarios, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense aos Xulgados de Santiago de Compostela, partido xudicial que abarca o concello de Ames, onde radica o domicilio social de A Brea 36 SL, en virtude da Lei. 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil.

Para presentar reclamacións na utilización dos nosos servizos póñase en contacto connosco a través do correo electrónico contacto@labregando.gal, comprometéndonos a buscar en todo momento unha solución amigable ao conflito.