Trátase de sete actividades formativas gratuítas de entre 150 e 400 horas que se impartirán na sede ubicada no porto de Marín entre marzo e decembro deste ano.
Operarios do sector pesqueiro -tanto de pesca como de marisqueo- cónxuxes destes ou persoas con titulación ou certificado para traballar no sector pesqueiro poderán beneficiarse dos novos cursos que ofrece o Centro de Formación A Aixola, en Marín.
O centro, dependente da Consellaría do Mar, ofrece as seguintes formacións para especialización:
- Operacións auxiliares de mantemento de elementos estruturais e de recubrimento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo (280 horas)
- Operacións de habilitación de embarcacións menores, que capacita para elaborar traballos de tapizaría e madeira (425 horas)
- Reparación de flotadores de embarcacións (240 horas)
- Electricidade e hidráulicas básicas (275 horas)
- Mecánica básica en motores menores (150 horas)
- Modelado manual de poliéster para pezas de uso en acuicultura e construción naval (400 horas)
- Confección e mantemento de artes e aparellos (330 horas)