Francos de Proendos en Sober (Lugo), Covelo en Taboadela (Ourense) e Carzoá, en Cualedro (Ourense), son os tres novos lugares declarados “aldea modelo” segundo a Consellaría de Medio Rural.

Estas tres aldeas súmanse así ás 14 nas que a Xunta está a traballar para recuperar as terras en estado de abandono ou infrautilización “para así contribuír á súa posta en valor, fixando poboación e mellorando a calidade de vida nesas zonas, ao tempo que se reforza a prevención dos incendios nas zonas próximas ás vivendas”, sinalan da Concellaría de Medio Rural.

Además, estes terrenos serán incorporados ao Banco de Terras de Galicia, recibindo os titulares da propiedade unha compensación económica anual polo seu arrendamento. Varias delas, xa puxeron en marcha actividades agrogandeiras.

As outras aldeas modelo son: as lucenses de Trascastro (O Incio), Parada dos Montes (A Pobra do Brollón), Moreda (Folgoso do Courel) e Bustelo de Fisteus (Quiroga) e das ourensás de Osmo (Cenlle), Penedo (Boborás), Muimenta (Carballeda de Avia), Infesta (Monterrei), Reboredo (O Pereiro de Aguiar), Xacebáns (Quintela de Leirado), Meixide (A Veiga), Trelle (Toén), Trabazón (O Irixo) e Pedrosa (Riós).

Artículo anteriorO mercado de Curtis renovado despois das obras de rehabilitación
Artículo seguinteOferta de 129 prazas para formación no sector pesqueiro
Labregando é froito dos valores fundamentais que nos ensina o campo: traballo constante, atención e coidado do entorno, cariño e dedicación ao noso territorio e a os noso animais.