A Xunta destinou case 28.000 euros á rehabilitación e conservación do mercado municipal.

Os máis de 150 postos do Mercado Comarcal, que se celebra todos os días 9 e 23 de cada mes no Recinto Feiral, estrean o espazo renovado despois das melloras realizadas nas instalacións para o seu óptimo acondicionamento. Entre as distintas medidas desenvolvidas para a correcta hixiene e salubridade xeral, separáronse as naves do Recinto Feiral segundo os seus distintos usos, xa que en Curtis ademais da venta directa ao consumidor, tamén hai feira gandeira e cabalar, así como comida elaborada -con postos de pulpo á feira e carne ao caldeiro- que se poderá gozar nunha nave pechada.

O mercado de Curtis é un dos máis importantes da provincia, un referente na comercialización de produtos locais da terra de primeira calidade: queixo, mel, froita e verduras, hortalizas, pan e carne, entre outros, así como de produtos artesanais. E tamén ofrece unha completa oferta tanto do sector téxtil (roupa, calzado, bixutería) como de utensilios e decoración.

Artículo anteriorAbre a convocatoria para a posta en marcha de proxectos de economía azul no sector pesqueiro
Artículo seguinteAldeas modelos, un exemplo para a recuperación da terra
Labregando é froito dos valores fundamentais que nos ensina o campo: traballo constante, atención e coidado do entorno, cariño e dedicación ao noso territorio e a os noso animais.