As axudas, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación contan cun orzamento total de dous millóns de euros.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), abriu a convocatoria de axudas para os anos 2022 e 2023 para proxectos de economía azul no sector pesqueiro e da acuicultura, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
Poderán beneficiarse destas axudas calquera entidade pública ou privada ligada ao sector da pesca e da acuicultura, incluíndo a transformación e comercialización dos productos, así como accións ambientais que garantan a sustentabilidade.

A convocatoria está aberta até o próximo 18 de febreiro, a solicitude pode realizarse telematicamente aquí, e o ministerio disponibiliza, tamén, un teléfono de atención: 913476062.

O que é a economía azul?

Esta proposta desenvolvida polo economista belga Gunter Pauli, procura unha produción sustentábel e eficiente, baseada nos circuitos locais, para aforrar en transportes e optimizar recursos. Tamén atende ao aproveitamento dos resíduos como materia prima de novos produtos. Procúrase, deste xeito, un modelo de economía circular que favoreza a simbiose e as enerxías limpas. Cal é a diferenza coa economía verde, daquela? Para Gunter Pauli, a produción “verde” é moitas veces ineficiente e eleva os custes de produción facendo que moitos dos seus produtos sexan prohibitivos. A aposta azul propón unha economía local, adaptada aos recursos de cada zona, diversificada e que evite a sobreprodución

Artículo anteriorA Escola de Enxeñaría Forestal da UVigo presenta unha proposta de “combate integral” contra os incendios
Artículo seguinteO mercado de Curtis renovado despois das obras de rehabilitación
Labregando é froito dos valores fundamentais que nos ensina o campo: traballo constante, atención e coidado do entorno, cariño e dedicación ao noso territorio e a os noso animais.