A Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, a través do seu director, Juan Picos, presentou recentemente ao Consello Forestal de Galicia un documento con propostas que servirán de punto de partida para a elaboración dunha Lei contra os Incendios Forestais. Picos mencionou que os incendios cada vez son máis complicados polo que cómpre sumarse ao que a nivel mundial chaman: “combate integral”. Este método ten en conta todos aqueles factores e condicións que permitan a preparación, a anticipación e a restauración dos terreos afectados.

O principal obxectivo é reducir os impactos e a vulnerabilidade. Como se logra? O documento sinala que debe xestionarse o territorio rural “para mellorar a súa resiliencia; reducir o risco de incendios adaptando os ecosistemas e preparando a sociedade para cando poidan ocorrer; adaptar o sistema de defensa a novos escenarios; profundizar no coñecemento dos incendios e a súa influencia nos ecosistemas e fomentar a participación e concienciación da sociedade”.

Durante 2021 en Galiza contabilizáronse 954 incendios que arrasaron con 4.400 hectáreas de terreno. Unha cifra menor á do ano anterior, xa que no 2020 contabilizáronse 14.800 hectáreas arrasadas polos lumes.

Ademais da nova Lei, Medio Rural mencionou que se está a traballar en accións a implementar de cara o verán deste ano; por exemplo, Interlumes unha iniciativa que ten como finalidade a creación da primeira base aérea transfronteiriza contra incendios forestais entre Galicia e Portugal.

Artículo anteriorOs beneficios da Intelixencia Artificial para a gandaría
Artículo seguinteAbre a convocatoria para a posta en marcha de proxectos de economía azul no sector pesqueiro
Labregando é froito dos valores fundamentais que nos ensina o campo: traballo constante, atención e coidado do entorno, cariño e dedicación ao noso territorio e a os noso animais.