O medio rural é foco de interese para a innovación e o desenvolvemento; en particular a industria láctea é o último exemplo da gandaría 4.0.

A empresa Substrate Al (de capital español e estadounidense) abre un centro de investigación en gandaría 4.0 en Amarante, Portugal, a 60 kilómetro do Porto. Este laboratorio tecnolóxico traballará monitarizando a actividade de vacas mediante un chip que rexistra e analiza os datos para xestionar a alimentación e saúde dos animais.

A Intelixencia Artificial pode abrir novas posibilidades para optimizar o traballo nas explotacións leiteiras, en campos como a nutrición, saúde e reprodución dos animais. O aceso constante aos datos da muxidoira e da calidade do leite (das células somáticas aos niveles de proteínas e graxa) permitirá adaptar a dieta de cada animal con propostas individualizadas e xerar datos técnico-económicos para mellorar a productividade.

Con este sistema, Substrate AI procura optimizar a produción láctea, tanto de vacún como ovina ou caprina, e ofrecer o seu software para aumentar a rendabilidade das explotacións. A súa intención é comercializar o seu sistema primeiro na península ibérica e continuar cara outros países europeos, como Suiza, Francia, Holanda e Alemaña.

A día de hoxe, a industria leiteira conta cun grado de dixitalización reducido, dado o alto prezo de adquirir tecnoloxía, xunto co descoñecemento das posibilidades de mellora dos sistemas. Porén, o veterinario e director técnico da Área de Gandaría de Substrate AI, Álvaro Fernández-Blanco Barreto, sinala que “a creación dun modelo piloto de granxa de alta tecnificación, acompañada de intelixencia artificial e fitoterapia veterinaria será un xeito rápido de conseguir datos que demostren a eficiencia da tecnoloxía para mellorar a produción actual e a calidade de vida dos gandeiros”.

Artículo anteriorMedra a aposta en produción ecolóxica
Artículo seguinteA Escola de Enxeñaría Forestal da UVigo presenta unha proposta de “combate integral” contra os incendios
Labregando é froito dos valores fundamentais que nos ensina o campo: traballo constante, atención e coidado do entorno, cariño e dedicación ao noso territorio e a os noso animais.