A Organización Internacional da Viña e do Viño publica o seu estudo sobre as tendencias dixitais aplicadas no sector.

Un estudio recente da Organización Internacional da Viña e do Vino (OIV) analiza as “Tendencias dixitais no sector da vide e do viño”. Os datos están extraídos de entrevistas en profundidade a 21 expertos en tecnoloxía aplicada ao viño, así como da elaboración dunha enquisa a bodegas de 18 países membros da OIV.
Algunhas das tendencias chave hoxe en día son: Uso de imaxes de satélite e LIDAR, almacenamento, etiquetaxe e certificación electrónica e Intelixencia Artificial, entre outras. O uso de robots de alta tecnoloxía equipados con intelixencia artificial poderán, por exemplo, optimizar a poda ou minimizar os efectos da seca, as fluctuacións de temperatura e as mudanzas nos calendarios da colleita. No informe de OIV salientan que “son máis precisos e rápidos que calquera viticultor humano”.

O informe completo está disponíbel en inglés aquí.

 

Uso de sensores

A Sensorización permite controlar o proceso de elaboración do viño en tempo real. Con esta tecnoloxía pódense monitorizar condicións meteorolóxicas como temperatura, luz e humidade, así como a calidade da vide e o envellecemento do viño ou mellorar o proceso de embotellado e que se adecúe ás normas de calidade, entre outros.

Nesta liña, a bodega Viña Costeira presentou recentemente os primeiros resultados no marco do proxecto denominado LIBATIO. Esta proposta, que contou co financiamento da Xunta de Galicia a través dunha subvención de case 400.000 euros, está liderado pola bodega ourensana e conta coa participación de outras tres pymes galegas: SC Robotics (deseñadores de solucións IoT), Nigal (empresa de análise de datos de intelixencia artificial) e Indominus AS (especialistas en xestión de proxectos e desenvolvemento de innovación e enxeñaría informática).

A plataforma web que están a desenvolver en LIBATIO permitirá o seguemento en tempo real do estado de maduración do viño mediante sensores durante o seu almacenado en depósitos de aceiro, así como sensores ambientais para o control da sala de envellecemento.

 

Etiquetaxe

A etiquetaxe electrónica (e-labelling) é unha forma alternativa para que os fabricantes proporcionen unha maior cantidade de información. Recentemente a OIVE presentou e-label un proxecto europeo que permitirá coñecer, como en calquera outro alimento, a composición nutricional dos viños e a listaxe de ingredientes, unha información que será obrigatoria para todos os viños da UE a finais de 2022.

Artículo anteriorOferta de 129 prazas para formación no sector pesqueiro
Artículo seguinteA Unión Europea limita o uso de antibióticos en animais
Labregando é froito dos valores fundamentais que nos ensina o campo: traballo constante, atención e coidado do entorno, cariño e dedicación ao noso territorio e a os noso animais.