O obxectivo fixado pola Comisión Europea está en que o 25% da superficie de cultivo sexa sustentábel no 2030.
Segundo a última memoria do CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura ecolóxica de Galicia) de 2020, o crecemento de superficie de cultivo ecolóxico medrou un 126% na década 2010-2020, con destaque das provincias de Lugo e Ourense, que acaparan o 82% da superficie inscrita en agricultura ecolóxica. O total de operadores é de 1310, e o volume de vendas certificadas ascendeu a 108.366.111 € no 2020, cun aumento do 17% con respecto ao ano anterior, o que supón máis de quince millóns de euros.
En total, son máis de 32.000 hectáreas dedicadas a producir alimentos de forma sustentábel, as que fan que o español sexa o estado europeo con máis superficie ecolóxica (2,44 millones de hectáreas no 2020, o que equivale ao 10% da superficie agrícola). Así, España é o terceiro produtor de alimentos ecolóxicos a nivel mundial, por detrás de Australia (35,69 millóns de hectáreas) e Arxentina (3,67 millóns de ha).
A Comisión Europea pretende mellorar estes datos cun novo marco legal, O Pacto Verde e a política agrícola común (PAC). Porén, o sector de produción ecolóxica non se amosa conforme, mentres o horizonte 2030 non vaia acompañado de máis fondos públicos para favorecer o trasvase de agricultores convencionais ás prácticas ecolóxicas certificadas, así como a promover o consumo de alimentos bio. O propio conselleiro da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da CE, Diego Canga, sinalou que o consumo ecolóxico per cápita no 2020 en España era de 53,41, frente os case 84 da media comunitaria.